Description
O presente ?breviario? pretende ser, ante todo, unha reflexión crítica sobre o significado profundo da tradución literaria en claro e polémico contraste de partida coa tradución de tipo técnico ou instrumental. Tras unha longa introdución reflexiva sobre o alcance e mailo valor da tradución da literatura, ofrécese un percorrido polas definicións de ?tradución’ que se foron desenvolvendo ao longo da historia ?divididas en dúas grandes épocas, dende a Antigüedade ata a Ilustración e dende o século XIX ata a actualidade-, continuando cun pequeno repaso aos grandes paradigmas teóricos actuais sobre a tradución, aínda que partindo dun profundo escepticismo sobre a utilidade real da teoría á hora da práctica real. Finalmente, tras unha ollada ao modo de ensinar tradución nas universidades rematamos cun decálogo lúdico de consellos prácticos para traducir literatura.






Reviews
There are no reviews yet.