O DON HAMLET DE CUNQUEIRO-Envo rpido
Sale!

O DON HAMLET DE CUNQUEIRO-Envo rpido

Original price was: €13.25.Current price is: €3.97.

SKU: 9788484876670 Category:

Description

Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existencia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da súa colección xeral.A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas.Con este estudo, Luísa Villata procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da marabillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “O DON HAMLET DE CUNQUEIRO-Envo rpido”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *